NON LLES DES OS TEUS DATOS

Neste día mundial da SIDA que se aveciña, novamente prenderemos os nosos lazos vermellos na solapa do abrigo como mostra de solidariedade, lazos impolutos que co remate do dia desaparecerán das nosas miradas, das nosas preocupacións e agobios, mais para algunhas persoas este lazo convirtirase en soga que permanecera continuamente prendida do seu peito como mostra de estigma e exclusión.

Neste ano que remata o Ministerio de Sanidade e a Xunta de Galicia veñen de dar un impulso mais a creación de sistemas de información da Infección por VIH, denominados SINIVIH e SIGIVIH. Ambos sistemas recollen para o seu tratamento, datos clínicos e persoais dos novos casos de infección por VIH .

Este rexistro vulnera gravemente o dereito fundamental a intimidade e confidencialidade, amén de potenciar as causas de estigmatización e discriminación da poboación afectada por VIH.

Os colectivos de afectados tanto en Galiza (mesa sida galiza) como a nivel estatal (preSOS galiza, asoc Xustiza e Sociedade, C Moucho) , impugnamos ante a xurisdicción contenciosa a creación destes rexistros de datos, e tras unha longa pelexa xurídica, social e política, atopámonos actualmente pendentes de que o Tribunal Constitucional restiua por sentenza as garantias de confidencialidade e intimidade usurpadas pola administración sanitaria.

Por elo, neste día de celebración oficial, sairemos a rua a informar aos cidadans, sobre a existencia destes rexistro nominais de persoas enfermas, instando (tanto a poboación afectada como a que non o está) a practicar unha desobediencia civil activa, que impida o avance da aplicación destas medidas lexislativas tan perniciosas para a loita antisida en xeral e en particular para os dereitos irrenunciables dos nosos/as compañeiros afectados pola grave enfermidade.

mesas informativas: Nas principais cidades galegas ::: En Compostela na Praza de Cervantes as 12 ,00 h

.

homepage:: http://galiza.indymedia.org read more: http://galiza.indymedia.org/gz/2007/12/13327.shtml

add a comment on this article