11 de setembro: Xornada de loita en defensa do Salgueirón

PARO TOTAL DA FLOTA DE BAIXURA E DAS LONXAS DA RÍA DE VIGO: CENTOS DE BARCOS SE CONCENTRARON NO SALGUEIRÓN E UNHA MANIFESTACIÓN PERCORREU AS RÚAS DE CANGAS

O de onte foi outro día importante na longa loita de Cangas en defensa do Salgueirón. Unha loita que xa non é só de Cangas senón de toda a ría, porque onte toda a Ría de Vigo estivo alí, diante da antiga fábrica de Massó.

O seguimento da folga convocada esixindo a paralización inmediata das obras do porto deportivo foi total. Tódalas lonxas da ría permaneceron pechadas, coa excepción da de Vigo onde só se descargou pesca de altura. A flota pesqueira, bateeira e marisqueira permaneceu amarrada ou concentrouse na zona do Salgueirón, onde máis de duascentas embarcacións procedentes de tódolos portos da ría, e algúns de fora dela, fixeron sonar as súas sirenas insistentemente desde as 11 da mañá. Mesmo había un barco da Garda Civil que tamén se quixo sumar á xornada reivindicativa. Menos este, todos os demais lucían bandeiras nas que se podía ler “Caixa rouba: Stop Massó” e moitos portaban grandes faixas con distintas consignas.

En terra centos de persoas acudiron a recibilos entre aplausos e berros de “goberne quen goberne Massó non se vende”, respondendo así á convocatoria de A ría non se vende a pesar de tratarse dun día laborable.

| Destrucción na praia | | Detidos numerosos activistas de GNSV nas inmediacións das obras de Massó | | 1 DE AGOSTO, NOVA MANIFESTACIÓN CONTRA O PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ | | 11 de setembro: greve de mariñeir@s e mariscador@s en contra das obras en Massó |

Unha foto malograda

A nota discordante puxérona uns asistentes que non foran convidados. Referímonos aos representantes do BNG, Teresa Táboas e Bieito Lobeira, que se presentaron no lugar coa intención de saír na foto. Pero a foto saíulles bastante movida e moi desenfocada. É un insulto á intelixencia dos veciños e veciñas de Cangas que estas persoas tiveran o descaro e o atrevemento de presentarse alí, cando nas mans da súa compañeira de partido e alcaldesa de Cangas, Clara Millán, está a posibilidade (e a obriga) de parar esas obras con só asinar un papel, pois, entre outras moitas irregularidades, carecen de licencia municipal. Pero Caixanova (ou caixa rouba), accionista maioritaria da empresa promotora, é moi… como dicir… influínte?

E a foto saíulles movida porque os berros de “Bloque, PSOE, PP, a mesma merda é”, “BNG fora de Massó”, hipócritas, vendidos, corruptos e outras lindezas, acompañáronnos moi de cerca, cara con cara, tanto cando embarcaron nun dos barcos como cando, unha hora despois, saíron del a toda presa e fuxiron peirao adiante como almas que leva o demo. E aínda no mesmo barco tiveron que oír bastantes cousas. Deuse ademais a circunstancia de que sobre as 11:30 toda a flota tomou rumbo á casa do concello, moi próxima ao mar, para levar á alcaldesa a protesta. As súas caras alí eran todo un poema.

Caixa rouba e Excongal: Terrorismo ambiental

Houbo, ademais desa, outras provocacións. Desde as salas nobres de Caixanova en Vigo contratáronse os servizos dunha empresa para que se ocupara de descolgar unhas faixas que, aludindo a Caixa rouba, estaban penduradas en distintos lugares da Alameda de Cangas. Compañeiros e compañeiras do Foro impediron que o fixeran.

A outra viu da empresa construtora (a tristemente célebre “Excongal, terrorista ambiental”). Diante da caseta da obra formaban case militarmente cinco ou seis homes. Brazos cruzados, pernas abertas e mirada desafiante @s manifestantes. Ninguén entrou ao trapo e o desprezo máis absoluto foi a resposta que recibiron.

Arredor das 12:30 e tras despedir á flota, formouse unha manifestación que se dirixiu primeiramente á oficina principal de Caixanova en Cangas. Alí permaneceron @s manifestantes un bo rato entre asubíos e berros de “Caixanova especuladora” ou “Salgueirón expropiación”, para saír logo cara o concello. A Sra. Alcaldesa non estaba e non puido recibir a uns representantes dos mariñeiros que así o solicitaran. É unha muller moi ocupada, claro.

A loita dura xa catro longos anos, pero nós estamos seguros de que ese porto deportivo nunca se vai construír. E cada día que pasa crécenos por dentro máis e máis esa seguridade. A loita continúa, pero a victoria está cada vez máis cerca.

Massó non se vende / A Ría Non se Vende / Galiza Non se Vende

homepage:: http://galiza.indymedia.org read more: http://galiza.indymedia.org/gz/2009/09/20917.shtml

add a comment on this article