O NOVO CENTRO SOCIAL DO SALGUEIRON RESISTE A DESALOXO VIOLENTO

 
Primeiras mostras de represión contra da okupación para centro social dun dos edificios históricos de Massó en abandono, o do antigo comedor e servicios, no Salgueirón, en Cangas do Morrazo. Contra da especulación SALVEMOS O SALGUEIRON

Primeiras mostras de represión contra da okupación para centro social dun dos edificios históricos de Massó en abandono, o do antigo comedor e servicios, no Salgueirón, en Cangas do Morrazo. Contra da especulación SALVEMOS O SALGUEIRON

O NOVO CENTRO SOCIAL DO SALGUEIRON RESISTE A DESALOXO VIOLENTO

Hoxe martes 25 de maio ás 8:45 h. da mañá presentáronse traballadores do concello, axentes da Garda Civil e a policia local para facer desaloxo do novo centro social que se acaba de botar a andar no Salgueirón, en Cangas do Morrazo.

Intentaron entrar pola forza, arrancando a fechadura da porta principal de xeito violento, golpeando a porta e ameazando.

Logo varios axentes da garda civil, acompañados en todo momento por un traballador do concello limitáronse a merodear polos arredores da casa. Nese momento aproveitouse para comunicarlles os motivos polos que estamos aí como protesta contra a especulación nos terreos das antigas fábricas de Massó e lembrarlles o artigo 10º da Constitución española e o artigo 7º do Código Penal. Así mesmo se colgou un par de faixas e se pegou na porta da entrada unha advertencia legal.

Con este novo centro social reivindicase un uso social do Salgueirón e que loite ó mesmo tempo contra a especulación inmobiliaria da promotora inmobiliaria Residencial Marina Atlántica.

Esta acción non é allea ó conflito de Massó, onde se leva anos loitando contra a construción dun porto deportivo e que está directamente conectado cun macroproxecto en terra dunha gran área comercial, varios centos de vivendas e hoteis en mais de 200000m2 de terreo, con varias fábricas declaradas patrimonio industrial polo Estado, xardíns botánicos e un rico intermareal, dende hai anos no mais absoluto e consentido abandono e que pasan por ser a aútentica zona verde e de espallamento que lle queda ó pobo de Cangas á beira da ría.



homepage:: http://galiza.indymedia.org read more: http://galiza.indymedia.org/gz/2010/05/23293.shtml

add a comment on this article